Hai 30 prazas e o prazo para anotarse rematará o 15 de marzo
Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso organiza un campamento infantil durante as vacacións de Semana Santa. Será dende o 25 de marzo ao 1 de abril.
Publicidade
Está dirixido aos cativos de 6 a 12 anos. Haberá deportes, manualidades, xogos dirixidos, animación á lectura...
Publicidade
Os interesados poden obter máis información e inscribirse no Espazo Cultural Lorenzo Varela ata o 15 de marzo. Hai 30 prazas e terán prioridade os empadronados en Monterroso, as familias numerosas e monoparentais e aqueles que xustifiquen con documentos a necesidade de conciliación.
Comentários