O Concello de Monterroso mellora do camiño municipal no núcleo de Marzán
- ecosdacomarca
- 21 mar
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso acomete estes días a mellora do camiño municipal no núcleo de Marzán ante o mal estado que presentaba. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, comprobou o mércores o avance dos traballos, cuxo remate está previsto para os vindeiros días.

As obras pretenden dotar ao camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función para evitar a continua presenza de fochas que dificultaban a circulación con seguridade.
Publicidade
O investimento para esta actuación ascende a 24.145 euros e finánciase con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024.
Tamén está previsto o asfaltado da vía que une Montecalvo coa N-540 pasando por Sampaio, a LU-P-3303, titularidade da Deputación Provincial.
Comments