top of page

O Concello de Monterroso mellora a iluminación do parque empresarial da vila

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso vén de levar a cabo os traballo de mellora da iluminación do parque empresarial da vila, unha actuación para a que o Goberno local contou cunha axuda de 24.564 euros da Xunta de Galicia. A actuación tivo un presuposto total de 30.705 euros, que o Goberno galego financiou nun 80%.

Para poder facer este investimento o Concello de Monterroso conseguiu unha axuda da Consellería de Economía, Industria e Innovación para a habilitación e mellora de infraestruturas en parques empresariais.


Publicidade  

En concreto, o proxecto recolleu a substitución das 47 luminarias do parque de tipo LED de potencia 60W por unhas novas luminarias LED de potencia 110W e con mellor rendemento de vatio/lumen que as que había.


Deste xeito evítase ter que duplicar a liña de alumeado existente para cubrir as necesidades do parque, o que sería máis custoso en inversión e mantemento.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Proximamente, o Goberno municipal que dirixe Eloy Perez ten previsto realizar unha nova mellora no alumeado do parque empresarial de cara a mellorar a súa eficiencia enerxética e completar a iluminación dalgunhas zonas que aínda están escuras.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page