Ecos da Comarca/Monterroso

A Xunta de Galicia está a executar as obras do Plan de Infraestruturas Rurais no lugar do Bispo para mellorar a accesibilidade a este núcleo rural desde a estrada LU-212 (Monterroso-Lugo). O Concello de Monterroso completa esta actuación con fondos do Plan Concellos financiado pola Deputación Provincial.
Publicidade
Estas obras benefician aos veciños e veciñas que viven nesta parroquia, así como ás explotacións agrícolas e gandeiras que desenvolven aquí a súa actividade.
Publicidade
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, achegouse xunto co concelleiro Balbino Martínez ata a zona de actuación para comprobar a marcha dos traballos, case finalizados.
Comentários