top of page

O Concello de Monterroso licitará varias actuacións do futuro museo con previsión de abrilo en xullo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este xa xera interese de diversos historiadores que visitaron a localidade


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso continúa a divulgar a seu patrimonio histórico e cultural a través das recentes pezas doadas por Carlos Méndez ao Concello e que son base do museo que se está a construír. O Concello de Monterroso vén de recibir a visita de Juan Manuel Abascal Palazón catedrático de historia antiga da Universidade de Alacante, Alberto López Fernández, secretario da Fundación Luis Monteagudo, e o xornalista, José Manuel Salgado. Foron recibidos pola alcaldesa, Rocío Seijas, o tenente de alcaldesa, Eloy Pérez, e a historiadora e directora do futuro Museo de Monterroso, museo das feiras, María José Alvite.

Trátase dunha visita co fin de divulgar e estudar as pezas romanas, especialmente dun pondus romano no que tras un estudo se manifestou que posiblemente se empregara como pesa ou medida en feiras. Así mesmo, os estudosos interesáronse pola réplica do Miliario de Caracacho, recentemente ubicado no campo de Caracacho e que é unha acción máis do concello para reivindicar e situar Monterroso historicamente como cruce de camiños nun lugar emblemático como o Caracacho. Lembran así que o campo de Caracacho é unha zona de confluencia da Vía Antonina co Camiño Santo que están impulsando como variante xacobea.


Pezas doadas por Carlos Méndez

O Concello de Monterroso continúa cas obras para poñer en marcha o futuro Museo das Feiras que será un referente polo valor das pezas recentemente doadas por Carlos Méndez e que poñerá en valor un evento cultural histórico, cultural, gastronómico e económico como son as feiras de Monterroso. Estase a traballar na musealización e as obras interiores xa están practicamente rematadas. Nos próximos días licitarase a climatización, a envolvente térmica e a reforma e reparación da fachada e exterior coa previsión de apertura no mes de xullo.

A alcaldesa, Rocío Seijas, agradeceu a visita e o interese polas pezas recentemente doadas ao Concello e manifestou o agradecemento para impulsar o futuro Museo das feiras e a historia de Monterroso. Recalca que “é necesario situar o noso Concello como o que é, un cruce de camiños histórico no que é preciso continuar traballando para impulsar o Camiño Santo ou Camiño dos Maragatos como lugar de peregrinaxe”. Así mesmo destaca “a importancia de coñecer a historia da nosa vila, para potenciala tanto a nivel cultural como turístico e que sexa un revulsivo económico para a nosa vila”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page