top of page

O Concello de Monterroso leva a cabo accións para recuperar o Camiño Santo ou Camiño dos Maragatos

Esta semana visitou esta vila o rexedor de Astorga, José Luis Nieto


Laura Moure/Monterroso

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o concelleiro Balbino Martínez, recibiron o xoves no Concello ao rexedor de Astorga, José Luis Nieto, que estivo visita institucional nesta vila. O rexedor aproveitou para asinar no libro de honra da localidade e recibiu unha placa e unha edición fascimilar do Códice Calixtino por parte do Goberno local.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O alcalde de Astorga, capital da Maragatería, aproveitou a súa parada en Monterroso para coñecer a exposición 'Os Maragatos da Porta de San Pedro', que se expón no Museo 'Monterroso, A Vila das Feiras' ata  domingo. Estivo acompañado polo concelleiro do equipo de Goberno astorgano Amando Alonso, e por dous maragatos -Aureliano e María Luísa-ataviados coa vestimenta tradicional desta comarca leonesa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Eloy Pérez recordou que Monterroso se atopa na ruta que facían os Maragatos, polo que esta visita e a exposición que se atopa no museo "son vías para reforzar as relacións coa maragatería como antesala á recuperación do Camiño Santo ou Camiño cos Maragatos", que se atopa na ruta que facían os Maragatos e moitos dos peregrinos que aproveitaban a

 seguridade que viaxar con arrieiros maragatos daba no seu tránsito cara a Compostela.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page