top of page

O Concello de Monterroso lanza bonificacións fiscais para buscar o asentamento de empresas

Ademais, tamén comeza o ano coa conxelación de impostos e taxas municipais


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso comeza o ano cunha serie de incentivos fiscais consistentes na bonificacións en diversos impostos e a conxelación de impostos e taxas. "Dentro das bonificacións fiscais trátase dun plan para combater a inflación e axudar ao tecido produtivo, pero tamén é unha medida que busca asentar novas empresas que xeren emprego", indica o Concello.

Consistorio de Monterroso. Autor: Ecos da Comarca.

Desta maneira, anuncia unha bonificación de ata o 95% do imposto sobre ben inmobles, o imposto sobre actividades económicas, o imposto de construcións, instalacións e obras, así como a tasa para a apertura de novas actividades económicas. Ademais tamén busca axudar a autónomos e pequenas empresas da hostalaría e do comercio para facer melloras nos seus negocios cunha bonificación do 50%, así como do 75% para

negocios de nova apertura.


Así mesmo manterá a exoneración da taxa de terrazas e utilización de vía pública. "Tamén apoia ao sector agrícola e gandeiro pois contempla unha bonificación no sector agrícola e gandeiro para novas incorporacións, creacións de empresas para agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións", recalca.


Para maior abundamento, sinala ademais, "nos orzamentos municipais tamén se contemplan unha conxelación de impostos e taxas, así como a exoneración da taxa da atención educativa na escola infantil".

Por outra banda, o Concello sacará un calendario fiscal dos impostos para que todos os fogares e negocios planifiquen o pago dos mesmos, así como están a contemplar a posibilidade do fraccionamento do pago dos mesmos.


A alcaldesa, Rocío Seijas, sinala que "se trata de buscar o asentamento de novas empresas, pero tamén contribuír a facer fronte a crise, reactivar a actividade económica, favorecer a creación de emprego e especialmente buscar o benestar social". Destaca que se mantén a conxelación de todos os impostos e as taxas por todos os servizos que se prestan pola administración local, asumindo o Concello os custes engadidos que vén repercutindo nos servizos que nalgúns casos superan o 10%.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page