top of page

O Concello de Monterroso inicia a mellora de varias vías no pobo

Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso inicia a mellora de vías no pobo. As primeiras actuacións realizaranse nas rúas Rúas da Bubela, Luis Pimentel, Travesía Luis Pimentel, Rúa Otero Pedraio e Travesía Lorenzo Varela.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O obxecto do proxecto é dotar a estas vías dunha capa de rodadura cun firme a base de aglomerado en quente adecuada ao seu uso e á súa función e que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O prazo de execución dos traballos, unha vez empecen as obras, será de un mes. O orzamento da obra, financiada con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación Provincial, ascende a 48.315 euros.

O alcalde, Eloy Pérez, acompañado polo equipo de Goberno, achegouse á zona para ver o estado actual das vías nas que se vai intervir. Destaca que se trata "da primeira actuación das previstas no pobo para este ano".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page