top of page

O Concello de Monterroso expedirá desde o luns o certificado dixital aos veciños que o soliciten

Hai que pedir cita previa


Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso expedirá desde o luns o certificado dixital aos veciños e veciñas que o soliciten. Para iso foi preciso que o Goberno local levara a cabo os trámites

oportunos coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Así pon en marcha desde  o luns dúas oficinas de rexistro para que os veciños e veciñas poidan obter "in situ" o certificado dixital. Unha delas vai estar emprazada nas oficinas municipais do Concello de Monterroso e, a outra, no Espazo Cultural Lorenzo Varela.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Hai que pedir cita previa a través da sede electrónica do Concello de Monterroso https://monterroso.sedelectronica.gal/ ou no teléfono 982 37 70 01 en horario de 9:00 a 11:00 horas e no 982 37 78 14 en horario de 16:00 a 19:00 horas.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page