As gañadoras son Mar Piñón e Lía López
Ecos da Comarca/Monterroso
A concelleira Jessica Rodríguez fixo entrega este mércores dos diplomas e premios ás monterrosinas Mar Piñón e Lía López, gañadoras da fase local do Certame de Poesía de Nadal. A concelleira agradeceu a presenza no acto de Sagrario, traballadora municipal recentemente xubilada e encargada do concurso ata o de agora.

Ambas as premiadas aproveitaron para ler os seus poemas no Espazo Cultural Lorenzo Varela diante dos compañeiros e compañeiras da ocioteca.
Publicidade
Con estes traballos participan na fase provincial do certame na que o Goberno local lles desexa moita sorte.
Comments