Ecos da Comarca/Monterroso

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o concelleiro de Deportes, Balbino Martínez, fixéronlles entrega ás xogadoras da Liga Galega de Fútbol Sala Feminino Monterroso S.D. de cadansúa bolsa de deporte para que as acompañe nas súas próximas competicións e na que figura o escudo do Concello de Monterroso.
Publicidade
No equipo, formado por 14 rapazas, hai unha delas que competiu ademais na Selección Galega (Leti) e dúas na Selección de Lugo (Neusa e Sofía).
Publicidade
O Concello de Monterroso dálles a noraboa a todas elas pola súa tenacidade e por levar o nome de Monterroso alá onde xogan.
Comments