O Concello de Monterroso e a Universidade de Vigo asinan un convenio de cooperación educativa
- ecosdacomarca

- 1 jul
- 1 min de lectura
Permitirá a realización de prácticas académicas externas por parte do estudantado universitario
Ecos da Comarca/Monterroso
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez Sindín, asina o convenio enviado pola Universidade de Vigo de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas por parte do estudantado universitario.

PUBLICIDADE
O acordo, cunha vixencia de catro anos, permitirá ao Concello de Monterroso acoller estudantes da Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas, co obxectivo de facilitar a súa preparación para o exercicio profesional e a futura inserción laboral.
PUBLICIDADE
Unha iniciativa que reforza a colaboración entre ambas institucións no ámbito da formación universitaria.








Comentarios