top of page

O Concello de Monterroso convoca o IV Concurso de decoración de Nadal

Repartirase 750 euros en premios que serán tarxetas moedeiros para gastar en empresas do municipio


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso convoca o IV Concurso de decoración de Nadal. Haberá dúas categorías, comercial e asociativa. O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente de Nadal. Esta campaña ten como finalidade amosar as obras anónimas de decoración que realizan os veciños/as do Concello, coincidindo coas datas de Nadal e en ningún momento ten finalidade comercial.

Con este concurso búscase:

  • Dinamizar a participación activa dos/as cidadáns/ás.

  • Colaborar en infundir un ambiente navideño decorado baseado no traballo común, na fraternidade e na cooperación.

  • Contribuír ó aforro enerxético en torno a materiais de decoración navideña e dispoñer de elementos decorativos que aporten á localidade un entorno navideño acolledor e ilusionante.

  • Dar protagonismo activo ós cidadáns, colectivos e empresas e fonte de desenvolvemento e intervención comunitaria na sociedade.

  • Fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Establécense dúas categoría:

  1. Comercial: Poderán participar empresas privadas ubicadas en Monterroso e que realicen a súa montaxe dento do termo municipal (comercios, hostaleiros, perruquerías). Estas montaxes poderán estar en escaparates ou fachadas nos negocios.

  2. Asociativa: Poderán participar Asociacións inscritas no Rexistro Municipal de asociacións, no caso de utilizar chan público este será asignado polo Concello e non poderá repetir ubicación se participaron no ano anterior.

O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente de Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo. Valorarase presencialmente polos membros do xurado:

  •  A creatividade.

  • A orixinalidade.

  • A combinación de elementos e cores.

  • A iluminación e composición.

  • Motivos empregados para decorar.

  • Uso de materiais reciclables.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Como inscribirse?

Os impresos poderán obterse no Espazo Cultural Lorenzo Varela. Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse no correo electrónico concursos.concello.monterroso@gmail.com antes do 11 de decembro sendo preciso enviar ata un máximo de 3 fotos do elemento decorado, facendo constar no asunto do correo electrónico Participación concurso decoración de Nadal, así como o nome da persoa ou entidade participante.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A montaxe e desmontaxe dos elementos decorativos será realizado por cada participante. Os elementos decorativos navideños deberán estar expostos durante o período mínimo do 11 de decembro ata o 8 de xaneiro, ambos inclusive. Se non se cumprira dita condición, desestimarase a participación de quen incumprira. Os elementos decorativos deberán ser visibles dende a rúa.


Premios

Serán anunciado na web do Concello de Monterroso. O día 5 de xaneiro de 2024. E estarán distribuídos do seguinte xeito (Tarxetas moedeiro para gastar en empresas locais):

Categoría Comercial

1º Premio.- 250 €

2º Premio.- 200 €

Categoría Asociativa

1º Premio.- 150 €

2ª Premio.- 150 €

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page