top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Monterroso colabora coa Asociación de Municipios del Camino de Santiago na xornada ‘Conversas no Camiño’

O evento terá lugar este xoves nesta localidade da Ulloa


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso colabora coa Asociación de Municipios del Camino de Santiago (AMSC) na xornada ‘Conversas no Camiño. Monterroso’, que vai ter lugar o xoves no salón de actos da Casa da Cultura en horario de 16:30 a 18:30 horas. ‘Conversas no Camiño’ é un evento organizado pola AMCS, dedicado á análise e debate dos desafíos e oportunidades que presenta o Camiño de Santiago francés ao seu paso polo territorio.

A través de dúas mesas de debate, a opinión dos participantes é fundamental para enriquecer o noso coñecemento e atopar solucións colaborativas respecto a este tramo.


Nesta ocasión tratarase:

1. A muller no Camiño de Santiago.

2. Horizonte: Próximos 30 Anos do Camiño. Entre Tradición e Innovación


Publicidade

O obxectivo é crear un diálogo frutífero que permita non só identificar os problemas, senón tamén propoñer solucións prácticas e realistas.


A xornada

A xornada dará comezo coa benvida da concelleira de Cultura, Jessica Rodríguez. De seguido, intervirán Irene García, artista plástica e peregrina; Ana Barreda, coordinadora de Hospitaleros e Mercedes Murillo, hospitaleira e peregrina, coautora do libro ‘Voces peregrinas, un canto al camino en femenino’. Para rematar, Maximiliano Barrios, xerente da AMSC, ofrecerá un relatorio baixo o título ‘Horizonte. Os próximos 30 anos do Camiño’.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page