Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso colabora coa asociación benéfica Recycling na recollida de bicis e triciclos usados aos que lle dan unha segunda vida para que outros nenos e nenas e adultos poidan desfrutar deles. Tamén se encargan de arranxar aquelas que se entregan en malas condicións.
Publicidade
Este Nadal fíxose entrega de diverso material que doaron a Cáritas para que cheguen aos novos usuarios e usuarias.
Publicidade
"Se ao longo do ano alguén quere ceder algún destes aparellos, podo poñerse en contacto con eles ou co Concello de Monterroso. Grazas pola vosa solidariedade", agradece o Concello monterrosino.
Publicidade
Comments