top of page

O Concello de Monterroso colabora co ‘VI Desafío San Miguel 2023’ que terá lugar o 24 de setembro

A proba ciclista espera reunir na capital da Ulloa a 200 corredores


Laura Moure/Monterroso

O Goberno local do Concello de Monterroso colabora co Club Ciclista BTT San Miguel na organización do VI Desafío San Miguel 2023, que se vai celebrar o vindeiro 24 de setembro. Está previsto que na proba, que terá a súa saída da Cúpula ás 9:00 horas,

participen ata 200 corredores. Os inscritos poden elixir a ruta longa, de 52 km, ou a curta, de 36 km.


Publicidade

Ao longo do percorrido pasarán por diferentes lugares de Monterroso, despois de cruzar a propia vila; como Podence, Cumbraos, Lodoso, A Lucenza ou Novelúa, entre outros.


Operarios municipais do Concello de Monterroso axudan estes días a acondicionar o itinerario coa limpeza das pistas e camiños polos que vai discorrer a proba. O Concello de Monterroso concede ademais unha axuda económica anual ao club para o desenvolvemento das súas actividades.


Publicidade

As inscricións están abertas ata o xoves 21 de setembro e poden facerse na web www.ccnorte.com Os interesados poden obter máis información no enderezo www.bttsanmiguel.es


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page