top of page

O Concello de Monterroso clausura as escolas deportivas e a tempada de pádel

Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso organizou este sábado unha festa para clausurar as Escolas Deportivas Municipais no Espazo Lorenzo Varela. Houbo exhibicións de patinaxe, judo, multideporte e entrega de diplomas a cargo do equipo de Goberno do Concello de Monterroso; o alcalde, Eloy Pérez e os concelleiros Jessica Rodríguez e Balbino Martínez.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirse e para obter máis información.

Algunhas das actividades contaron coa participación das familias, como a de judo. Ademais, o venres o Concello de Monterroso clausurou a tempada da Escola Municipal de Pádel cun mini torneo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Neste caso, o mandatario e Martínez foron os encargados de facer a entrega dos diplomas e dun agasallo a todos e todas as participantes; preto de 20 nenos e nenas e 15 adultos.


Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page