top of page

O Concello de Monterroso aproba o decreto de ampliación do cemiterio de Sambreixo

Ten unha capacidade de 92 nichos executados en cantería e/ou ladrillo revestido con lousas de granito

Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso aproba o decreto de ampliación do cemiterio de

Sambreixo. Despois de preto de 20 anos de espera, os veciños e veciñas de Sambreixo

poden ver por fin regularizada a ampliación do seu cemiterio por parte do Goberno local, unha actuación necesaria e longamente demandada pola veciñanza.

O cemiterio ten unha capacidade de 92 nichos executados en cantería e/ou ladrillo revestido con lousas de granito. Conta con dúas entradas desde a pista asfaltada e dista da igrexa parroquial 400 metros. Esta regularización é o resultado dun proceso administrativo rigoroso, no que se cumpriron todos e cada un dos trámites legais esixidos, garantindo a seguridade xurídica, o respecto á normativa vixente e o interese xeral.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O equipo de Goberno quere poñer en valor o traballo realizado, baseado na responsabilidade, na xestión seria e no respecto escrupuloso á legalidade, para dar resposta a unha necesidade real da parroquia que levaba demasiado tempo sen solución.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O rexedor, Eloy Pérez, destaca que "con este decreto dase un paso definitivo para atender unha demanda básica da cidadanía, demostrando que, con traballo constante, diálogo e rigor administrativo, é posible desbloquear situacións enquistadas durante anos". "Seguimos avanzando, con feitos, para mellorar os servizos e a calidade de vida da veciñanza", conclúe.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page