top of page

O Concello de Monterroso alerta de "situación de sequía crítica" no municipio

O goberno local estableceu unha serie de restrincións, como tamén xa se levaron a cabo en días pasados noutros concellos


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso informa que a empresa concesionaria de auga da localidade Aqualia vén de comunicar que "a situación dos acuíferos empeorou dende o día 15 de xullo e que a situación é crítica, co nivel máis baixo nunca antes recordado". Por iso, o goberno local estableceu unha serie de restrincións, como tamén xa se levaron a cabo en días pasados noutros concellos.

Quedan prohibidas as operacións de riego e baldeo con auga da traída e lavar coches e encher piscinas privadas con auga municipal.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"É preciso optimizar a nivel particular as instalacións privadas. Dende o Concello de Monterroso pedimos, máxima cumprimento destas medidas co fin de evitar cortes no suministro de auga. Sexamos conscientes de que é un grave problema que estamos a vivir e que só co cumprimento destas medidas podremos intentar que a situación non empeore aínda máis".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page