As obras financiadas con fondos municipais tiveron un custe económico de 15.000 euros
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso continúa a mellorar as súas instalacións deportivas, especialmente o campo de fútbol Cerdeiriños. Logo da mellora do campo natural, da reforma dos vestuarios e da instalación de redes, o Concello vén de rematar as obras na zona de ocio e lecer, concretamente na edificación destinada a bar.

As obras financiadas con fondos municipais tiveron un custe económico de 15.000 euros e consistiron na mellora da accesibilidade mediante unha rampla para evitar un chanzo de aproximadamente 20 centímetros, o peche perimetral mediante carpintería metálica,
a colocación de persianas enrollables de lamas de chapa de aluminio perfilado recheo
de poliuretano para o peche da zona de barra e o desmonte da cuberta de placas de
fibrocemente con aminato e substitución da cuberta de uralita por cuberta de panel
sandwich para mellorar o illamento.
A alcaldesa, Rocío Seijas, sinala que "é unha aposta clara do equipo de goberno continuar a mellorar as instalacións deportivas, así como unha mostra máis do esforzo que o goberno municipal está facendo no ámbito deportivo". Así mesmo afirma que "as instalación se atopaban nun grave estado de abandono durante máis de 20 anos de deixadez polo que é un compromiso apoiar a sociedade deportiva de Monterroso e as máis de 200 familias que pertenecen a este colectivo ao que o Concello achega 16.000 euros anuais para fomentar hábitos de vida saudables logrando a promoción deportiva dos monterrosinos, a práctica da actividade física-deportiva e mellorar a conciliación da vida laboral e familiar".
Comments