top of page

O Concello de Monterroso acorda a demolición completa dunha edificación situada en Leborei

O expediente iniciouse en abril de 2022 tras a presentación dunha denuncia por parte dos veciños e veciñas colindantes con este inmoble


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso acorda a demolición completa dunha edificación situada no lugar de Leborei "para evitar danos a persoas e bens". Tal e como informa o propio Concello, o expediente iniciouse en abril de 2022 tras a presentación dunha denuncia por parte dos veciños e veciñas colindantes con este inmoble.

O rexedor, Eloy Pérez, ditou providencia en agosto do 2023 para iniciar o procedemento de declaración de ruína. Desde xeito, emprazouse aos propietarios, mediante a publicación no BOE, e co período de alegacións correspondente por lei.


Tras revisar toda a documentación, o Concello vén de resolver declarar o inmoble en situación legal de ruína económica e técnica atendendo ás leis vixentes na materia e aos informes que figuran no expediente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, a Alcaldía acorda adoptar as medidas para evitar danos a persoas e bens; entre outras o balizado do perímetro da edificación, que quedará perfectamente sinalizado, a prohibición de acceso ao interior da edificación e a permanencia nas súas inmediacións para evitar calquera tipo de accidente derivado de desprendementos da fachada ou da cuberta. As obras que se realizarán serán de demolición completa.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page