O Concello de Monterroso acomete obras de mellora no camiño de acceso ao núcleo de Bidouredo
- ecosdacomarca
- 5 ago 2024
- 1 Min. de lectura
A actuación conta cun presuposto de 24.500 euros, que financia a Xunta nun 70% e o Goberno local nun 30%
Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso vén de iniciar as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Bidouredo co limpeza do espazo no que se vai actuar. O obxecto do proxecto é dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e a súa función e que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.
Publicidade
A actuación supón ademais a renovación do firme, que se fará esta semana, así como a instalación de sinalización axeitada.
Publicidade
Subvención da Xunta
As obras terán unha duración total de un mes e teñen un presuposto de 24.500 euros. O 70% da actuación finánciase con cargo á orde da Xunta de Galicia do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións a concellos para infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O 30% restante achégao o Concello de Monterroso.

O alcalde, Eloy Pérez, e os dous concelleiros do equipo de Gobernoachegáronse ata a zona para comprobar o estado dos traballos.
Comments