O Concello de Monterroso acomete a mellora das vías de acceso a San Lourenzo e Pedraza
- ecosdacomarca
- 14 dic 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso levou a cabo a mellora das vías de acceso a San Lourenzo e Pedraza a través de dous proxectos denominados 'Mellora do camiño Pedraza Sur' e 'Mellora do camiño Pedraza Norte' con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos.
Na zona sur, de 542 metros de lonxitude, a actuación consistíu na mellora da capa de rodadura de varios viais asfaltados, así como na reparación das fochancas. As obras contaron cun investimento de 25.595 euros.
Publicidade
No caso da zona norte, de 745 metros de lonxitude, tamén se mellorou a capa de rodadura e levouse a cabo a reparación das fochancas e o asfaltado ante o mal estado que presentaba. A obra contou cun orzamento de 33.506 euros.
Ambos os tramos presentaban desperfectos no firme sendo un perigo para vehículos e peóns. Ambas as actuacións supuxeron un investimento conxunto de 59.101 euros.
O alcalde, Eloy Pérez, e os membros do equipo de Goberno, achegáronse á zona para comprobar o resultado dos traballos.

Comments