O Concello de Melide viaxa ata Santurtzi para selar a súa irmandade
- Laura Moure

- 18 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Melide
Membros da Corporación Municipal do Concello de Melide viaxan ata Santurtzi esta fin de semana para selar a súa irmandade coa localidade vasca. Este acto celébrase logo da primeira visita oficial para unir a estas dúas vilas, na que unha representación do Concello de Santurtzi participou en Melide durante a Festa do Melindre e a Repostaría Tradicional.

Nesta ocasión, serán Os Melidaos os que acudan á localidade do País Vasco durante as Festas do Carme, unhas das máis importantes en Santurtzi. O evento permitirá consolidar os lazos históricos que unen as dúas vilas a través da emigración galega.
Publicidade
Mañá, sábado, 19 de xullo, a corporación melidense será recibida na Casa do Concello de Santurtzi para o recibimento institucional por parte da alcaldesa, Karmelle Tubilla, no Salón de Plenos. Neste día de irmandade non faltará a música a cargo do grupo de gaitas da Casa de Galicia, Zugaitza e Os Melidaos.
Publicidade
Ademais, os representantes de Melide visitarán as instalacións da Casa de Galicia en Santurtzi para coñecer mellor a súa labor de unión entre o pobo galego e o vasco.








Comentarios