top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Melide traslada ao Goberno español a súa preocupación polos riscos de seguridade ante próxima apertura parcial da A-54

Laura Moure/Melide

O Concello de Melide traslada ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, a través da subdelegación do Goberno na Coruña, a súa preocupación ante o impacto sobre o tráfico na vila da anunciada apertura, antes de final de ano, do tramo Melide-Palas de Rei da autovía A-54. Estas preocupacións atinxen, nomeadamente, á seguridade viaria, pola situación do ramal de acceso á autovía a partir da estrada AC-840, en cuxas inmediacións se atopan tanto o colexio de educación infantil e primaria Mestre Pastor Barral como o Centro de Saúde ou a Escola Infantil. Pero tamén á sobrecarga do tráfico pesado no centro urbano de Melide, coas posibles retencións que poidan rexistrarse debido á dificultade dos grandes vehículos de carga para efectuar o xiro na rotonda central.

O Concello expresou nunha xuntanza coa subdelegación do Goberno, a xefatura da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e a dirección de Obra Civil de Galicia de

Acciona, entre outras, que a apertura do tramo provocará un intenso fluxo de tráfico converxente na rotonda central, e que na saída da autovía está situada unha importante

zona industrial que xa rexistra a diario un notable tráfico de camións. Tamén se aludiu á

proximidade do acceso ao campo de fútbol municipal, con grande afluencia de vehículos

durante as fins de semana, o campo da feira e dúas grandes superficies comerciais.


No tocante ao centro médico e aos colexios, o Concello ten en conta os posibles riscos de seguridade e de funcionamento normal destas infraestruturas. Por exemplo, no que atinxe

á entrada e saída de ambulancias durante a atención de urxencias, así como de autobuses de transporte escolar.


Publicidade

Os problemas de circulación que xa a día de hoxe soporta Melide agravaríanse, xa que logo, coa prevista apertura parcial da A-54. O Concello, que agarda unha nova xuntanza

coa subdelegada do Goberno en vindeiras datas co fin de traballar en posibles solucións,

propón unha serie de medidas que poidan paliar ou diminuír o impacto.


Entre elas, está a apertura dun tramo da autovía Melide-Arzúa que evite que o tráfico da

A-54 atravese o centro da vila. Outra das propostas é que se regule o tráfico pesado, de

forma que entre Palas e Melide este teña que empregar, como ata o de agora, a N-547,

de forma que ese eviten os xiros na rotonda que obstaculicen a circulación.


Por outra banda, e sen prexuízo das anteriores propostas, o Concello reclama a

instalación de elementos de seguridade no tramo urbano próximo ao acceso á autovía. Estes elementos inclúen semáforos alá onde sexa necesario para regular o tráfico e a

instalación de pasos de peón luminosos que melloren a visibilidade, entre outros.


0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page