O servizo posto en marcha en marzo de este ano xa cubriu todas as prazas dispoñibles
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide vén de solicitarlle ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar unha ampliación do programa Xantar na casa ao xa estar cubertas as 10 prazas iniciais coas que comezou o servizo en marzo deste ano.
Xantar na Casa é unha iniciativa que ten por finalidade e obxectivo o de prestar apoio no domicilio a quen o precise e así o demande, mediante prestacións alimentarias e de seguimento persoal para mellorar a calidade de vida e a autonomía de usuarios e usuarias.
Tal como explicou a concelleira de Servizo Sociais, Carmen Liñeira, o convenio asinado permite a ampliación de prazas polo que "debido ao éxito que está tendo o programa e forte demanda do servizo solicitamos 10 prazas máis para poder garantir a cobertura das necesidades básicas dos veciños e veciñas que o soliciten", apunta a edil.
Commentaires