Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Melide solicítalle ao Sergas cobertura pediátrica durante o período estival

Laura Moure/Melide

O Concello de Melide vén de remitirlle un escrito á Consellería de Sanidade no que solicita cobertura pediátrica durante a ausencia do pediatra titular. "Durante o período vacacional deste profesional, os veciños e veciñas de Melide non teñen cobertura dun servizo indispensable como é o de pediatría, polo que vense na obriga de desprazarse a concellos como o de Arzúa ou O Pino".


Sinala que "a problemática existente, que se vén manifestando de forma reiterada nos últimos anos, é incomprensible tanto polo feito de terse que desprazar como polo tempo de

agarda que deben esperar os pacientes para ser atendidos". O equipo de goberno local considera que "a problemática existente debe ser solucionada con carácter urxente, xa que a sanidade pública é un servizo imprescindible, básico e necesario para o benestar dos nosos veciños".


47 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

<