Ecos da Comarca/Melide

O Concello de Melide vén de remitirlle á Consellería de Sanidade un escrito solicitando que se cubra a praza de pediatría, logo de coñecer que o Centro de Saúde desta localidade non contará con atención especializada en pediatría dende xullo ata comezos de outubro.
Publicidade
Segundo as informacións recibidas, os nenos/as menores de 3 anos serán derivados a atención especializada de pediatría doutros concellos e os maiores de 3 anos serán atendidos polo médico/a de familia dos seus proxenitores.
Publicidade
O alcalde, José Manuel Pérez, destaca que “a sanidade pública é un servizo imprescindible, básico e necesario”, e ademais engade " que un Concello coma Melide precisa de atención pediátrica todo o ano, e máis nos meses do verán no que a poboación aumenta exponencialmente".
Comments