top of page

O Concello de Melide saca a licitación a reforma e posta en valor da Rúa San Pedro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A actuación suporá un investimento de case 250.000 euros


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno Local celebrada este xoves sacar a licitación a reforma e posta en valor da Rúa de San Pedro. Esta reforma está incluída dentro das actuación previstas polo goberno local para mellorar a imaxe do casco histórico, acondicionando as principais rúas de tráfico de peóns coa supresión das barreiras arquitectónicas existentes.



O proxecto a realizar inclúe a construción dunha rede separativa de augas pluviais e residuais así como o soterramento do cableado de subministro eléctrico de iluminación e de telecomunicacións. Na mesma liña, a pavimentación actual será substituida por lousas de pedra de granito, ao igual que as tapas de rexistro, co obxectivo de mellorar considerablemente a estética dando unha imaxe unitaria das principais rúas do casco histórico de Melide.


A reforma e posta en valor da Rúa San Pedro supón un investimento de 249.782 euros, financiados polo Plán único de Concellos da Deputación de A Coruña.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page