Esta celebrarase os próximos días 11 e 12 de maio
Laura Moure/Melide
Un ano máis o Concello de Melide pon en marcha a colaboración con ADOS -a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue- para promocionar a Festa do Melindre e a repostaría tradicional, que terá lugar en Melide os próximos días 11 e 12 de maio.
Con esta acción, que dará comezo na Coruña e continuará os próximos días en Lugo e Santiago, ademais de Melide, repartiranse os doces de típicos da vila nos buses da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue a todas as persoas que se acheguen a doar sangue. O calendario de lugares e datas onde se poderá doar e levar un paquetiño con ricos de Melide é:
𝗔 𝗖𝗢𝗥𝗨Ñ𝗔 (𝗖𝗮𝗻𝘁𝗼́𝗻 𝗚𝗿𝗮𝗻𝗱𝗲). Venres 3 de maio: de 15:30 a 21 h
𝗟𝗨𝗚𝗢 (𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗠𝗮𝗶𝗼𝗿) Mércores 8 de maio: 9:30 a 14:30 h
𝗦𝗔𝗡𝗧𝗜𝗔𝗚𝗢 (𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗥𝗼𝘅𝗮). Mércores 8 de maio: 15:30 a 21 h
𝗠𝗘𝗟𝗜𝗗𝗘 (𝗣𝗮𝗿𝗾𝘂𝗲 𝗥𝗼𝘀𝗮𝗹𝗶́𝗮 𝗱𝗲 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼, fronte ao centro multiusos e biblioteca municipal). Venres 10 de maio: 10:15 a 14 h e 16:15 a 21 h
𝗘𝗻 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗽𝗿𝗲𝗰𝗶́𝘀𝗮𝗻𝘀𝗲 𝗰𝗮𝗱𝗮 𝗮𝗻𝗼 𝟭𝟮𝟱.𝟬𝟬𝟬 𝗱𝗼𝗮𝘇𝗼́𝗻𝘀 𝗱𝗲 𝘀𝗮𝗻𝗴𝘂𝗲. Para ser doante, precísanse 𝗰𝘂𝗺𝗽𝗿𝗶𝗿 𝗲𝘀𝘁𝗲𝘀 𝗿𝗲𝗾𝘂𝗶𝘀𝗶𝘁𝗼𝘀
Ser maior de 18 e menor de 65 anos.
Pesar máis de 50 Kg.
Non estar embarazada nin ter dado a luz nos últimos nove meses.
Non ter padecido hepatite ou convivir con pacientes que a padecesen nos últimos seis meses.
Non ter padecido enfermidades infecciosas con febre e/ou tratada con antibióticos nos últimos quince días.
Informarse sobre o sida e estar seguro de non pertencer a ningún grupo de risco.
Non residir nos últimos seis meses en zonas endémicas de paludismo.
Publicidade
Calquera dúbida sobre requisitos, enfermidades ou medicamentos débese consultar co médico que atende aos doantes. Dúbidas: 900 100 828 (gratuíto). Esta acción non será a única que realizará o Concello de Melide, pois en breve comezará tamén a promoción dos produtos e do evento en varios restaurantes da provincia con chefs embaixadores da festa, e da que se informará polo miúdo nos próximos días.
Commentaires