top of page

O Concello de Melide repartirá 1.750 euros no Concurso de Escaparates de Nadal

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os comercios teñen de prazo para anotarse ata o 5 de decembro


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide convoca un ano máis o Concurso de Escaparates de Nadal. En total repartirá 1.750 euros en premios. Os comercios que desexen participar deben anotarse e teñen de prazo ata o 5 de decembro.

Poderán participar todos aqueles establecementos comerciais ou hostaleiros situados na localidade de Melide, independentemente do produto que oferten ao consumidor. A decoración do escaparate ou do establecemento deberá gardar relación con motivos e ambiente de Nadal e valorizándose fundamentalmente os seguintes factores: Orixinalidade, montaxe, estética, creativa e a ambientación de Nadal. No caso de que se incorpore algún texto, este estará en galego.


Os escaparates deberán estar decorados, polo menos, desde o 6 de decembro de 2024 o 7 de xaneiro do 2025. Os establecementos interesados en participar deberán inscribirse na Concellería Urbanismo e Comercio no seguinte correo electrónico: comercio@concellodemelide.gal do Concello de Melide desde o día da recepción da carta ata o 5 de decembro do 2024.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A decisión do xurado será público e terá lugar o mércores, 8 de xaneiro de 2025, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello. O primeiro premio será de 1.000 euros; o segundo, 500 e o terceiro, 250 euros.


𝗕𝗮𝘀𝗲𝘀  https://cutt.ly/3eKEfYhR

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page