top of page

O Concello de Melide repartirá 1.750 euros en premios no Concurso de Escaparates de Nadal

Deberán permanecer decorados polo menos entre os días 11 de decembro de 2023 e 7 de xaneiro de 2024


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide convoca unha nova edición do Concurso de Escaparates, un certame consolidado que convida aos establecementos comerciais do municipio a colaborar coa decoración de Nadal enfeitando os seus propios escaparates con motivos alusivos a estas festas. Con este obxectivo, o Concello xa se dirixiu ao conxunto de comercios e de hostalería a través dunha misiva onde o alcalde, José Manuel Pérez Penas, anima á participación e onde se lle achega a cada comercio as bases do concurso.

Escaparate de Mis Mejores Labores co que gañou o primeiro premio a edición pasada.

As mencionadas bases sinalan que poderán participar todos os establecementos comerciais ou hostaleiros situados en Melide, con independencia do produto que oferte. A

decoración deberá gardar relación con motivos natalicios, e valorarase a súa

orixinalidade, estética, creatividade e montaxe. Ademais, cando haxa algún texto na

decoración, este deberá estar escrito en lingua galega.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os escaparates deberán permanecer decorados polo menos entre os días 11 de

decembro de 2023 e 7 de xaneiro de 2024.


Tres premios

O concurso repartirá tres premios. O primeiro terá un valor de 1.000 euros. O segundo, de 500 euros. Por último, o valor do terceiro premio será de 250. Para participar, os establecementos interesados poderán enviar un correo electrónico a comercio@concellodemelide.gal con data límite 11 de decembro de 2023.


Haberá un xurado designado dende a Concellería de Comercio que valorará os establecementos a concurso e fará pública a súa decisión nun acto que terá lugar o martes 9 de xaneiro no Salón de Plenos do Concello, dando comezo ás 12 da mañá.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Na edición do ano pasado houbo un total de 19 establecementos a concurso, alzándose Mis Mejores Labores co 1º Premio. Carnicería Cardelle e Toysmaniatic Melide fixéronse

co 2º e 3º premios, respectivamente.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page