top of page

O Concello de Melide recoñece a Mary Quintero como Filla Predilecta

O acto de nomeamento celebrarase o mércores 16 de abril na Consistorio


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide recoñecerá a figura dunha das súas veciñas máis ilustres, a fotógrafa Mary Quintero, co seu nomeamento como Filla Predilecta. A cerimonia de nomeamento terá lugar o mércores 16 de abril ás 17 horas na Casa do Concello de Melide. Coa figura de Filla ou Fillo Predilecto, o Concello recoñece aquelas persoas nadas no municipio que salienten por calidades ou méritos en beneficio da comunidade ou que conten cunha gran consideración pública.

Mary Quintero é unha das pioneiras da fotografía profesional en Galicia. É filla de Aurelio García Quinteiro e Amadora Corredoira García, quen posuían un estudio fotográfico na Ronda da Coruña onde a súa filla medrou con xogos coa luz, a cor e a imaxinación. Posteriormente, a familia trasladouse cun novo estudio a Lugo, e Mary Quintero formouse en Madrid co fotógrafo Pedro Jaraba e realizando estudos de arquitectura. De volta en Lugo, e antes de cumprir 16 anos, levou a cabo a súa primeira exposición, “Nuevos horizontes de la fotografía”, en 1947. A súa seguinte exposición, “Cincuenta retratos de

mujer”, deulle sona e recoñecemento, permitíndolle abrir un estudio de seu. Quintero

dirixiría este negocio en Vigo durante case cinco décadas ata a súa xubilación en 2002.

Un dos trazos do seu traballo é a vontade pioneira. Quintero impulsou técnicas como o

uso de pincel para dar cor no branco e negro fotográfico e incorporou nas súas obras

técnicas de luz, imaxe, cor e construcións visuais que marcaron tendencias e crearon

escola. Introduciu en España e Portugal tecnoloxías como o proxector de fondos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Igualmente, acadou fama polas súas fotografías de estudo, sendo a máis prestixiosa retratista de Galicia. Levou a súa voz e experiencia por congresos e encontros de

fotografía arredor do mundo, moitas veces como única muller.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Na súa ampla lista de recoñecementos destácanse o Premio Mellor Fotógrafo de España

de 1981, a Medalla de Bronce de Galicia de 2002 ou o recoñecemento como Fotógrafa

Histórica por parte da Deputación da Coruña en 2015.


"Con este nomeamento, Melide salda unha importante débeda pendente cunha figura de alto nivel profesional e artístico nada na nosa localidade", subliña o Concello.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page