top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Melide presenta a campaña de tarxetas moedeiro 'Merca en Melide'

Terán un importe de 30 euros para gastar nun ou en varios establecementos do municipio


Laura Moure/Melide

O pasado sábado, o concelleiro de Promoción Económica do Concello de Melide, Xosé Igrexas, presentou ante representantes do comercio local as tarxetas moedeiro Merca en Melide. Esta iniciativa é unha axuda máis para apoiar aos pequenos establecementos da vila, contribuíndo así a impulsar o comercio local. O edil afirmou que "a administración local con estas iniciativas consegue un impacto económico aproximado de 400.0000 euros no noso comercio, entre a campaña de Nadal e as previstas para este ano, o que supón un importe moito máis elevado que as axudas que se poidan recibir doutras administracións”.


A mecánica de funcionamento destas tarxetas vai ser similar ás postas en marcha no mes de decembro. As tarxetas terán un importe de 30 euros para gastar nun ou varios comercios do municipio, dos cales 20, serán asumidos polos usuarios e 10 euros polo Concello de Melide.


Requisitos para os negocios

Os negocios interesados en adherirse a esta campaña deben cumprir tres requisitos: non ser espazos de gran distribución adicados á alimentación, estacións de servizo ou combustible, salas de xogo ou apostas deportivas e farmacias; estar situados en Melide e ter un Terminal Punto de Venda (TPV). Para participar nesta iniciativa os comercios deben acudir ás instalacións de ASETEM - CCA (entidade colaboradora) para facilitar os datos do participante e o número do Terminal Punto de Venda (TPV).

Igrexas animou a todos os comerciantes a participar nesta campaña e fixo fincapé en que esta será só "a primeira fase, que se desenvolverá entre maio e xuño e contará con 3.000 tarxetas dispoñibles". Ademais, a intención do goberno local é que opten a estes bonos persoas de toda a comarca, xa que as únicas condicións para conseguila é ser maior de idade.


A segunda fase da campaña está prevista para os meses de setembro e outubro.

0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page