Baixo o lema Melide Punto de Encontro habilitarán durante eses dous días un aparcadoiro exclusivo para motos en pleno casco urbano
Laura Moure/Melide
O goberno local de Melide presentoulle á asociación local Millí Riders a iniciativa Melide Punto de Encontro a través da cal se pretende potenciar a chegada de motoristas así como organizar e facilitar o aparcadoiro nun único punto.
"A situación xeográfica estratéxica de Melide no centro de Galicia, a variada oferta de hostalería, comercio e lecer, fai que Melide se converta en lugar de parada e destino de moitos motoristas que se desprazan a nosa vila desde distintos puntos de Galicia", indica o Concello. Nesta liña, habilitará as fin de semana, sábados e domingos, en horario de 12:00 a 21:00h, a marxe dereita (dirección Santiago) do Cantón de San Roque para o estacionamento de motocicletas permitindo así unha maior organización e seguridade.
Con esta medida, o goberno local fai unha nova aposta por converter Melide nun lugar de referencia para os motoristas de toda a comunidade o que se traduce nun incremento do valor engadido do turismo do noso concello.
Comments