O Concello de Melide pon en valor a Fonte de San Xoán de Furelos
- Laura Moure
- 1 feb 2022
- 1 Min. de lectura
Esta, de mediados do século XX, serve de abastecedora de agua para os veciños
desta parroquia melidense e para os camiñantes que discorren pola variante francesa
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide anunciou o remate dos traballos de mellora da fonte de San Xoán de Furelos, abastecedora de auga para os veciños desta parroquia e para os camiñantes que discorren polo Camiño Francés. A actuación contou cun orzamento total de 24.116 euros.

A obra incluíu a limpeza de matorral nos arredores da fonte e mais a limpeza da fronta da mesma, mantendo o magnífico exemplar de loureiro real, árbore característica das fontes populares. Ademais, a fronte da fonte foi limpada e repúxose o cano e incorporáronse laxes de pedra do país.
Co obxectivo de dotar de seguridade ao conxunto e ao tratarse dun terreo en forma de ribada, incorporouse un muro de formigón que quedou tapado polo terreo e por un murete de mapostería que une a fonte co Camiño de Santiago. Entre o murete e a pista, ao longo do muro, instalouse un solo de pezas irregulares de pedra do país, coa cara sen labrar e acabado natural.
Comments