Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Melide organiza o “I torneo de baloncesto 3x3 Basket na Rúa”

Actualizado: jul 3

Celebrarase nas pistas deportivas do parque Rosalía de Castro o vindeiro 17 de xullo


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide dende a súa Concellaría de Deportes organiza o I Torneo de Baloncesto 3x3 na vila, sendo unha iniciativa que pretende continuar promovendo a actividade deportiva ao aire libre. O torneo celebrarase o vindeiro sábado 17 de xullo nas pistas deportivas situadas no parque Rosalía de Castro de 9:00 a 22:00 horas. O prazo para inscribirse está aberto dende este mércores e poderase realizar de maneira gratuíta a través da APP Sporttia ou ben a través do teléfono 620 605 781 do departamento de Deportes do Concello.

Os equipos poderán ser mixtos cun máximo de cinco integrantes por equipo e un mínimo de tres, aos cales se lles vai garantir un mínimo de partidos de dez minutos de duración. O concelleiro de Deportes, Jose Prado, afirma que: “esta é outra iniciativa máis para fomentar o deporte nas súas orixes, ao aire libre e na rúa, onde prevalece realizar actividade deportiva sobre a competitivade".

51 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE