top of page

O Concello de Melide manifesta a súa oposición ao proxecto de Altri

Ecos da Comarca/Melide

O equipo de goberno, formado polas agrupacións de Adiante Melide e BNG de Melide, así como a portavoz do PSdeG de Melide, mostran o "seu total e firme rexeitamento ao megaproxecto industrial de celulosa do grupo portugués".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Despois de analizar de maneira rigorosa o plan definitivo de Altri e vistas as grandes diferenzas existentes co proxecto de inversión inicial presentado pola empresa hai 3 anos: cámbiase a actividade principal do negocio, pasando de centrarse na produción de fibra téxtil (lyocell) á pasta de celulosa; redúcense drasticamente os postos de traballo prometidos, pasando de 2500 estimados a unha cifra inferior aos 500; increméntase de maneira preocupante o impacto ambiental estimado (por exemplo, consumirá 1.2 millóns de toneladas de eucalipto ao ano e 46 000 metros cúbicos de auga diarios), etc. O equipo de goberno, formado polas agrupacións de Adiante Melide e BNG de Melide, así como a portavoz do PSdeG, mostran o seu total e firme rexeitamento ao megaproxecto industrial de celulosa do grupo portugués Altri".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello de Melide, pola súa proximidade, sinala que "será un dos máis afectados polo megaproxecto de Altri e a Xunta de Galicia". Polo que o equipo de goberno considera "de interese estratéxico adoptar unha posición decidida na defensa dos intereses dos melidenses e o noso territorio". As alegacións que efectuará o Concello de Melide ao megaproxecto industrial estarán enfocadas en cuestións como o impacto que pode ter na saúde das persoas, afectacións ao Camiño de Santiago, impacto medioambiental e visual, etc.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page