Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Melide lembra que os seus membros con dedicación exclusiva renunciaron á suba salarial

Lembra tamén que mantén relacións de asesoría cuxas retribucións foron establecidas en base a un proceso de licitación iniciado polo anterior executivo


Ecos da Comarca/Melide

O Concello de Melide lembrou hoxe publicamente que o Goberno municipal renunciou por escrito, con data 30 de decembro do ano pasado, á suba salarial do 0.9% que se contemplaba nos Orzamentos Xerais do estado actualmente vixentes. Esta renuncia foi asinada polos membros do Goberno local con dedicación exclusiva -José Antonio Prado, primeiro tenente de alcalde; Xosé Igrexas, segundo tenente de alcalde, e Carmen Liñeira, edil de Política Social- e presentada á Alcaldía e ao departamento de intervención municipal. Do mesmo modo, o xefe de gabinete tamén renunciou a este incremento en 2021.

O Consistorio de Melide.

O alcalde, José Manuel Pérez, non ten dedicación exclusiva e as asignacións económicas que percibe pola asistencia ás xuntas de goberno local seguen a ser as mesmas ás aprobadas no pleno de organización celebrado n o ano 2019, polo tanto non existe ningún tipo de incremento.


Polo tanto, e tal como expón o portal de transparencia do Concello, o persoal que exerce responsabilidades de goberno a través dunha relación laboral co Concello continúa a cobrar neste 2021 o mesmo que en 2020, a pesar da evidente suba de prezos rexistrada interanualmente -5,5% en outubro de 2021, segundo datos do INE-. O Concello considera necesario lembrar este dato para evitar confusións derivadas dunha mala intepretación das cifras.


Por outra banda, e ante a difusión de informacións nas que se afirma que o Concello de Melide elevou o gasto en asesores, o Concello lembra que estas asesorías "xorden dun proceso de licitación que se atopaba aberto no momento de traspaso de poderes entre administracións locais, rematando en outubro do ano pasado. As cantidades a percibir e a mesma contratación foron marcadas xa pola anterior Administración local. Estas cantidades, en todo caso, supoñen 26.000 euros anuais (asistencia urbanística) e 24.000 euros anuais (asistencia xurídica)", recalca.