Laura Moure/Melide

Por mor da situación sanitaria, este ano Melide tampouco poderá celebrar a Festa do Melindre e da Respostaría tradicional tal como se coñece. É unha festa de interese turístico galego que ten lugar o segundo domingo de maio e na que os reposteiros da vila amosan ao público os seus produtos de máxima calidade e sabor.
A campaña presentada este luns ten por obxecto "dar a coñecer os melindres, ricos e amendoados alén das nosas fronteiras, poñendo a Melide no mapa, convertindo á repostaría tradicional nun valor engadido para o turismo", indica o Concello. "O noso concello, no que se unen o Camiño Primitivo e Francés, dous dos máis transitados polos peregrinos, goza dunha repostería tradicional de calidade, que debemos coidar e promover, dando continuidade ao consumo de melindres, ricos e amendoados durante todo o ano", engade.
E o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas, sinalou: “Este proxecto, a pesares de nacer da necesidade de avanzar e adaptarse á nova normalidade que trouxo consigo a Covid 19, é unha campaña viva, en continuo movemento e que seguirá a medrar para que os melindres, ricos e amendoados cheguen a todos os recunchos do mundo e a xente sexa capaz de situar Melide no mapa. Contamos cuns doces tradicionais de gran calidade e con moito potencial para que sexan sinónimo e símbolo para identificar a nosa vila.”
Comments