top of page

O Concello de Melide lanza a campaña “Melide destino... os domingos de Melide” nas redes sociais

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Melide

O Concello de Melide, a través da Concellería de Promoción Económica, arrinca a promoción da iniciativa Melide destino...os domingos de Melide nas redes sociais.

"Esta tarefa de divulgación e difusión dos grandes atractivos da vila ten como obxectivo animar aos turistas e persoas doutros concellos a visitar o noso municipio para os seus plans de ocio e consumo da fin de semana", sinala o Concello.


Xosé Igrexas e o alcalde de Melide.

Melide conta cunha gran oferta de actividades, ocio, comercio, e hostalería para gozar dun domingo diferente. Para trasladar esta idea, o Concello difundirá a través das súas redes sociais diferentes recursos para amosarlle ao mundo o forte potencial da localidade, "afianzando ao noso concello como o lugar de turismo por excelencia no cerne de Galicia".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Nesta liña, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas, sinala que a campaña "destacará que en Melide podemos comprar todo tipo de produtos de forma rápida e de confianza. O noso concello é o lugar ideal para pasar unha boa fin de semana”



Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page