top of page

O Concello de Melide lanza a campaña “Melide Destino, os Domingos de Melide”

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Destacará a variedade, calidade e proximidade do comercio local


Laura Moure/Melide

O proxecto Dinamización do Comercio de Melide continúa levando a cabo accións de promoción e difusión do comercio local melidense. No marco desta iniciativa, que recibiu o ano pasado unha importante axuda por valor de 49.044,69 euros da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España, recoñecéndoa como proxecto singular, en próximas datas o Concello de Melide lanzará una nova campaña titulada Melide Destino, os Domingos de Melide onde se porá en valor a calidade do comercio local.


Deste modo, e segundo sinalou o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas, “ a

campaña destacará que en Melide temos todo o necesario para a compra de produtos

diversos, de forma rápida e de confianza”. No comercio local melidao, explicou o edil,

salienta a calidade dos produtos e a proximidade xeográfica para o comprador.

“Alimentación, téxtil, hostalería... Melide ten calidade en todo tipo de produtos e servizos

e, ademais, o feito de mercar aquí repercute positivamente na vida local”, engadiu.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Para o edil, “un comercio local forte tradúcese nunha vila con xente e con servizos, con

vida nas rúas e dinamismo social e cultural”. Neste sentido, Igrexas salientou que “a calidade indiscutible do proxecto Dinamización do Comercio de Melide impúxose sobre

ducias doutros proxectos a nivel estatal”, demostrando “a aposta forte que este Concello

fai pola economía local” como un alicerce chave para a recuperación social e económica

despois da pandemia.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page