top of page

O Concello de Melide entra a formar parte do padroado da Fundación Vicente Risco

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A concelleira de Cultura, Mayka Basalo Santín, participou xa en representación do Concello na xuntanza que mantivo o Padroado o pasado sábado, 25 de novembro


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide vén de entrar a formar parte do Padroado da Fundación Vicente Risco. Na xuntanza deste organismo celebrada o pasado sábado, 25 de novembro, oficializouse a incorporación coa participación na mesma da concelleira de Cultura, Mayka Basalo Santín.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Esta integración vén culminar unha traxectoria de colaboración entre o Concello e a

Fundación. De feito, Melide acolleu o ano pasado a entrega do XXVI Premio Vicente

Risco de Ciencias Sociais, cando se recoñeceu a obra “Liberdades antigas, tempos

modernos: o republicanismo de Castelao”, de David Rodríguez.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A concelleira de Cultura valorou moi positivamente esta participación e lembrou a ligazón

da figura de Vicente Risco á Terra de Melide, cuxo folclore investigou na década dos anos

30 do pasado século. “Esperamos seguir colaborando coa Fundación e participando nas

súas actividades”, explicou, considerando que a Fundación Vicente Risco é “un actor

cultural de primeira magnitude comprometido coa lingua e cultura galegas”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A Fundación Vicente Risco, con sede en Allariz, naceu co obxectivo de preservar o legado

material e cultural do polígrafo ourensán, unha figura fundamental no estudo da cultura

galega e no desenvolvemento do galeguismo de preguerra.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page