top of page

O Concello de Melide eleva a 80.000 euros as subvencións nominativas a asociacións locais en 2021

A partida increméntase, segundo como indica o goberno local, en case un 20% con respecto aos 67.000 euros pertencentes ao ano 2020


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide anunciou este martes que as subvencións nominativas para os gastos xerais de asociacións locais acadarán en 2021 a cifra de de 80.000 euros. Isto supón un incremento de arredor dun 20% fronte á cantidade de 2020, que era de 67.000 euros, consolidando un incremento interanual constante nos últimos exercicios.


Estas subvencións axudarán a afrontar gastos xerais a arredor dunha quincena de asociacións do municipio, dedicadas a actividades diversas. Así, inclúense tanto entidades que levan a cabo acción social como promoción cultural, así como dos ámbitos do comercio ou os deportes. "Esta convocatoria e o incremento das cantidades supón unha aposta do Concello de Melide por facilitar a actividade diaria destas entidades, máis forte aínda nun contexto social, sanitario e económico marcado pola Covid-19", indica o goberno local.

O Consistorio de Melide.

A lista de asociacións beneficiadas por estas subvencións, con base nos orzamentos 2021, inclúe a Cáritas parroquial de Melide (9.000 euros), en acción social. En promoción cultural, destínanse 4.000 euros para a Coral Polifónica de Melide e a mesma cantidade para a Asociación Cultural Charamela, para a Asociación de mulleres rurais da comarca de Melide Alecrín e para Herba Grileira, respectivamente. O Museo da Terra de Melide recibe unha subvención nominativa de 8.000 euros e a Asociación Catasol outra de

2.000. No apartado de asociacións comerciais concédelle a ASETEM 4.000 euros de subvención nominativa, a fin de posibilitar a súa labor no tecido económico.


Por último, ata sete asociacións deportivas de Melide dispoñerán tamén de subvencións nominativas para gastos. A Escudería Melide MotorSport, a Asociación Deportiva Cerne e máis a Asociación de Cazadores Terra de Melide reciben 4.000 euros cada unha. O Fútbol Club CIRE de Melide terá unha axuda de 20.000 euros. Pola súa banda, o Club Melide Fútbol Sala e o Club Ciclista Melidense reciben 2.000 euros cada un e finalmente, Melide Veteranos contará con 1.000 euros.

Yorumlar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page