top of page

O Concello de Melide e a A.D. Cerne organizan a I Andaina Solidaria polo Camiño de Santiago

O evento, que se celebrará o 2 de abril, destinará a súa recadación á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG)


Laura Moure/Melide

A concellería de Deportes do Concello de Melide e a Asociación Deportiva Cerne suman esforzos en beneficio dos pacientes oncolóxicos menores de idade de Galicia coa organización da I Andaina Solidaria polo Camiño de Santiago. O evento, que se celebrará o sábado 2 de abril, destinará a súa recadación á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

A Andaina partirá ás 10:30 horas da Praza do Convento, e cubrirá dúas distancias, de 8 e de 4,5 quilómetros. A inscrición pode facerse na app Sporttia ou no Whatsapp 620 605 781. Tamén haberá unha fila 0 dispoñible para donativos (4 euros nenos, 6 euros adultos). As doazóns poden facerse na conta da ASANOG: ES61 2100 1453 2102 0025 9900.

O concelleiro de Deportes de Melide, José Prado, salienta que con esta proba “tanto dende o Concello como dende a Asociación Deportiva Cerne pomos en valor a faceta social do deporte. Sabemos que cando pensamos no deporte o primeiro que nos vén á cabeza é o coidado da saúde, pero a andaina demostra que existen outros valores asociados á práctica deportiva como a solidariedade e o esforzo a prol das persoas que máis o necesitan”, valora Prado.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page