top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Melide destinará 808.000 euros a gasto social e á realización de distintas obras

As propostas do goberno foron aprobadas por unanimidade no pleno de hoxe


Pleno celebrado, hoxe, en Melide. Foto: Concello de Melide

Laura Moure/Melide

A corporación municipal de Melide aprobou por unanimidade, na sesión plenaria celebrada na tarde de hoxe, as propostas para a participación de Melide no Plan único da Deputación de A Coruña (POS+2021 e POS+Adicional 2021).


As obras aprobadas, cun investimento total de 620.000 euros, supoñen unha mellora nos servizos básicos. Entre elas atópanse a mellora da accesibilidade peonil na Circunvalación da Feira, a adecuación e posta en valor da Rúa Ovedo, a construción da senda peonil en Sabián e a mellora do acceso ás instalación do campo de fútbol municipal, entre outras.


Por outro lado, o fondo social do Plan Único deste ano permitiralle ao Concello de Melide destinar 194.033 euros a gastos sociais extraordinarios como poden ser programas de conciliación , a garantir ingresos suficientes ás persoas en soidade ou a familias en situación de risco de exclusión social.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page