top of page
Foto del escritorLaura Moure

O concello de Melide convértese nun espazo cardioprotexido

É o primeiro municipio da comarca que conta cunha rede de desfibriladores situados en dependencias municipais


Laura Moure/Melide

Melide convértese no primeiro concello da comarca en cardioprotexerse, contando cunha rede de desfibriladores situados en dependencias municipais, en concreto na Casa do Concello, no Centro Social e no Edificio Multiusos ademais de dous móbiles que estarán baixo a custodia da Policía Local e de Protección Civil. Estes dous últimos dispositivos permitirán dar cobertura a eventos con ampla afluencia de xente, como actos deportivos e culturais.


Para a súa correcta utilización en caso de emerxencia, persoal do Concello de Melide recibiu nos últimas días formación específica en Soporte Vital Básico, manexo de desfribilador, desobstrución da vía aérea, contando ademáis cada instalación municipal cun liberador de vías aéreas para evitar posibles asfixias por atragantamento.


O Concello de Melide ampliará en vindeiras actuacións os espazos cardioprotexidos coa instalación de desfibriladores en instalacións deportivas municipais.



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page