top of page

O Concello de Melide arranxa o alumeado público en varios tramos do Camiño de Santiago

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os traballos incluíron a instalación de 20 novos focos, así como a colocación de cadros protectores e uns 250 metros de liña eléctrica


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide vén de levar a cabo traballos para arranxar o alumeado público en diversos tramos do Camiño de Santiago ao paso polo municipio. En total, interveuse en seis puntos para a instalación de 20 novos focos e outras infraestruturas.

Deste modo, no Carballal (parroquia de Santa María) instaláronse oito focos LED cunha potencia de 40 wattios. En Leboreiro colocáronse seis focos LED da mesma potencia, e outro na intersección do Camiño coa estrada N-547.


Pola súa banda, no Camiño Vello de Santiago, no quilómetro 53 da estrada, instalouse un cadro de protección e 250 metros de liña. No Barreiro colocáronse tres focos LED de 40 wattios, e dous do mesmo tipo foron colocados en Riocobo, ademais dun cadro de protección e medida.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Estas actuacións inclúense dentro dun conxunto amplo de traballos que se realizan de modo constante para mellorar a luminosidade das vías públicas e a renovación de instalacións de uso público. O Concello reitera o seu compromiso para manter os espazos públicos de Melide en condicións de uso cómodo, seguro e accesible.


Esta intervención no alumeado público foi posible grazas a un convenio entre a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés e mais a Axencia de Turismo de Galicia. En total, os traballos tiveron un custe de 13.915 euros.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page