top of page

O Concello de Melide aproba os orzamentos 2022 e unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT)

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O PP melidense recurrirá á RPT porque indica que "foi aprobada con informes desfavorables e sen o apoio do sindicato maioritario no comité de empresas"


Ecos da Comarca/Melide

O Pleno Ordinario de Melide aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo

logo de efectuados todos os trámites estipulados despois da aprobación inicial. A proposta foi aprobada inicialmente na sesión plenaria do 1 de decembro de 2021, e someteuse a información pública con posterioridade durante o prazo legal de 20 días tras ser publicado no Boletín Oficial da Provincia.

A nova RPT substitúe un documento vixente dende o ano 2006 e foi aprobada pola mesa de negociación na que están todos os grupos da representación sindical do persoal municipal. A través deste novo marco reitor, o traballo diario da Administración adecuarase ás dinámicas esixentes e cambiantes do actual Melide.


En relación coa súa antecesora, a nova RPT opta por incluír todos aqueles postos de traballo estrutural que satisfan necesidades permanentes do Concello. Tamén consagra a funcionarización dos postos de traballo do persoal laboral, como é o caso dos postos de traballo social, a educación familiar ou os técnicos de administración xeral e urbanística. "A nova RPT elimina practicamente a totalidade das desigualdades existentes entre traballadores e facilita a organización do persoal do Concello o que supón unha modernización da administración", indica o Concello.


En canto as contas para o exercicio 2022, aprobadas tamén na sesión plenaria de onte, medran ata os 7.300.000 euros. "O Concello continúa cuns orzamentos expansivos destinados a mellorar a prestación de servizos e a situación do municipio", apunta o goberno local.


A postura do grupo popular

Sen embargo, o PP non está de acordo e anuncia, en liña coa coherencia xa exposta no

pleno do pasado decembro onde a Relación de Postos de Traballo se aprobou inicialmente, que recorrerá no contencioso esta proposta de organización dos recursos humanos do Concello "ao ser unha proposta que conforme aos informes de intervención e secretaría “non se adecúa a dereito, perpetúa as desigualdades a igual traballo diferente retribución e da que o bipartito AM- PSOE mentiu dicindo que se aprobara por unanimidade polos sindicatos presentes na negociación; o feito é que o sindicato maioritario do Comité de Empresa do Concello de Melide na súa alegación sinala que o documento que foi pactado coas organizacións sindicais non é o que finalmente se aprobou en pleno, o que ao seu xuízo é un fraude de lei", recalca o partido popular.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O PP quere deixar claro que non está en contra da adecuación que era necesaria da Relación de Postos de Traballo á realidade actual do Concello, "pero non podemos permitir que, con informes claramente desfavorables se utilice este instrumento para subir indiscriminadamente o soldo en base a promesas electorais que, poden constituír un fraude de lei tal e como se establece no Código Civil e do que foron advertidos os responsables municipais"


Así mesmo, o grupo popular incide en que “os melidenses de a pé teñen que saber que mentres a situación económica é de extremada dureza e delicadeza non podemos permitir que o 42% do orzamento municipal (7.281.000 euros) se adique a sufragar soldos fóra da legalidade vixente e non se aumenten os servizos públicos”.

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page