top of page

O Concello de Melide aproba a licitación da mellora da pavimentación de cinco rúas

Son as calles Concepción Arenal, Curros Enríquez, Fernández Florez, Alfonso Castelao e Avenida de América, que forma parte do POS+2022 da Deputación da Coruña


Laura Moure/Melide

A Xunta de Goberno local de Melide aprobou na súa reunión do xoves 1 de decembro a licitación do proxecto de mellora da pavimentación e seguridade nas rúas Concepción Arenal, Curros Enríquez, Fernández Florez, Alfonso Castelao e Avenida de América, que forma parte do POS+2022 da Deputación da Coruña. O orzamento de licitación é de 183.248,79 €, IVE incluído, e o prazo de execución previsto é de catro meses.

"Este proxecto supón darlle continuidade á máis ampla iniciativa de remodelacion integral

do espazo urbano que arrincou coa aprobación, o ano pasado, dunha primeira fase centrada entre a Avenida da Habana e a Rúa Rosalía de Castro. Os traballos incluirán a construción de beirarrúas con pavimento de baldosa rectangular de formigón, e a pavimentación cunha mestura bituminosa en quente de 9 centímetros de espesor", sinala o Concello.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

As rúas nas que se intervirá sitúanse na zona nordeste do núcleo urbano melidao. Trátase

de rúas caracterizadas na actualidade por ser de dobre sentido, con beirarrúas e zonas de

estacionamento en ambas as dúas marxes sen delimitar. "A falta de ordenamento do

tráfico causa problemas de estacionamento e moitas das beirarrúas actuais non superan

a anchura preceptiva para que poidan ser utilizadas con normalidade por persoas con

mobilidade reducida ou carriños de bebés. Xa que logo, esta intervención pretende

mellorar a funcionalidade e accesibilidade destas rúas", recalca o Concello.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page